martes, 30 de junio de 2020

PECHAMOS POR VACACIÓNS!

Hoxe pechamos este blog por vacacións e facémolo con moita tristeza pero moi contentos pois foise enchendo de vida e cor coas vosas cousas día tras día manténdonos en conexión. Moitos parabéns a todos e a todas.
Como despedida deixámosvos dous poemas, un moi coñecido de Rosalía de Castro e outro de Irene Prada que expresa seguramente o sentir de moitos e moitas de nos.


lunes, 29 de junio de 2020

ARTE E MATEMÁTICAS

Bo día rapazas, bo día rapaces!
Para comezar este día ímolo facer coa mestura das matemáticas e o arte.
Paula Pose envíounos un vídeo explicativo de como fixo para realizar a súa obra.

Esta é a súa obra.

viernes, 26 de junio de 2020

miércoles, 24 de junio de 2020

ARTE XEOMÉTRICO

Bo día nesta mañá atípica de San Xoán. Hoxe deixámosvos outro exemplo de como a xeometría é un medio de expresión artística.

Roi Fernández Núñez

POUPURRÍ ARTÍSTICO


Candela Mariño comparte connosco as súas producións artísticas para saúdarnos este fermoso día.

Candela Mariño.

martes, 23 de junio de 2020

lunes, 22 de junio de 2020

viernes, 19 de junio de 2020

EMOCIÓNS, ARTE E MATEMÁTICAS.

A través das cores  e da xeometría podemos expresar as nosas emocións.

Alegría e tristeza. Sara Fraga
Proba a pintar o que sentes e observa.

A MENTE NON PARA. HOXE INVENTA!


Aquí tedes, o inventor e o seu invento!
Se vos gusta, animádevos, facede un
parecido ou diferente! E...a .xogarrrrr!

Martín Rodríguez Osende 

POEMA DA CUARENTENA

Con este poema de Roi queremos empezar este venres de  xuño, por expresar tan ben, o importante que é estar xuntos.

Roi Fernández Núñez

jueves, 18 de junio de 2020

miércoles, 17 de junio de 2020

DE TODO... PARA DIVERTIRSE!


Nesta mañá de mércores  cun pouquiño de todo imos  pasar ben o día.
  • Retos.
  • Poesías.
  • Greguerías.
  • Arte xeométrico.
Érica Galvis Moya

martes, 16 de junio de 2020

viernes, 12 de junio de 2020

XORNADA DE ACOLLIDA VIRTUAL DO IES REGO DE TRABE PARA O CURSO 2020-2021



Todos os anos dende o IES REGO de TRABE en coordinación co  Departamento de Orientación do CEIP SOFÍA CASANOVA programamos unhas xornadas de acollida para o alumnado que se matricula en 1º da ESO. 
Este ano por mor do estado de alarma no que nos atopamos non foi posible que o alumnado de 6º acompañado das titoras (neste caso) e o Xefe do Departamento de Orientación realizara a visita ao centro polo que  de momento a única alternativa ten que ser virtual.
De seguido dende o IES REGO DE TRABE achégannos unha pequena presentación do seu centro. 

-Este son eu dende fóra, invítote a entrar para coñecerme por dentro.
Preme enriba para coñecerme

-Que, xa me viches? Que che parezo? Gústoche?Son guapiño,  verdade? 

-Chámome IES REGO DE TRABE e vou ser o teu centro escolar do vindeiro curso.

-Queres saber o que dín sobre min ? 
-Preme na imaxe e escoita con atención.


-A que te atopas mellor? Xa non estás nervioso ou nerviosa...Gústache a cafetería? E que opinas dos hortos?E as liguillas de fútbol?
Non mo digas agora...Estou seguro que aquí ademáis de estudar pasaralo moi ben. Estamos de acordo, verdade?

Ben, agora entramos na parte seria .

Presta atención que de seguido cho conto.

Que ten que saber un rapaz ou rapaza que se matricula en 1º da ESO?
Preme enriba


Se tes dúbidas e queres preguntar, anotaas nunha folla e o vindeiro martes na videoconferencia terás a  oportunidade de aclaralo.

Ata pronto!




ARTE GEOMÉTRICO

Geometría rima con simetría,
también con filosofía,
y esta mañana desde el Sofía
os deseamos un buen día.
Noa Domínguez Remeseiro

jueves, 11 de junio de 2020

GRAZAS!


Detrás das sombras ás veces atopamos cousas ben bonitas e prezadas. Esta é unha desas ocasións...
Sentímonos moi agradecidos e orgullosos pola parte que nos toca a todos os profes do Sofía.
 Aí vos queda o vídeo que Martín Rodríguez Osende nos mandou.


LÁMPADA DE SOMBRAS

Ola xente do Sofía! Bo día!
Esta semana estivemos xogando coa lámpada de sombras,  Inés Vázquez Conde amósanos o proceso que seguiu para elaborar a súa lámpada. 


Preme enriba

miércoles, 10 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

RETO... MEMORY AND STORY CUBES!

Para comezar este día presentámosvos  os traballos dalgúns e dalgunhas dos vosos/as compañeiros e compañeiras. Feliz día para todos e todas!
Preme enriba para ver as propostas dos vosos compañeiros

viernes, 5 de junio de 2020

AS LETRAS DO SOFÍA

Cando as letras do Sofía se xuntan nacen palabras tan bonitas coma:
alegría, enerxía, 
ilusión e vida,
fantasía e marabilla,
greguería e Sofía,
vida e poesía
artesanía e familia 
e para rematar
bo día!

ANTES DE QUE REMATE A PRIMAVERA.


Antes de que remate esta primavera confinada que nos impedíu disfrutar do esplendor da súa beleza queremos agasallarvos cun precioso vídeo sobre a polinización. Que teñades un bo día!



jueves, 4 de junio de 2020

GREGUERÍAS EN FASE 2


Ao pechar os ollos a noite
nace un novo día
cargadiño de morriña
ao saúdar unha vez máis
á xentiña do Sofía.

miércoles, 3 de junio de 2020

POEMAS EN FASE 2



Bo día mozos e mozas!
Hoxe agasallámosvos con este corazón vermello cheo de enerxía e ilusión para seguirmos adiante. 
Xuntos e xuntas podemos!
Xabier Oxinalde
Se queres que este corazón se abra e ver  o  que esconde preme enriba del.

martes, 2 de junio de 2020

VAI DE ... RETO! TANGRAM!

Xeometría e tangram
van collidas da man.

O tangram é un crebacabezas de disección composto por sete formas planas, chamadas tans, que se xuntan para formar formas. O obxectivo do crebacabezas é formar unha forma específica empregando as sete pezas, que non se poden solapar.

Preme enriba da imaxe para ver os retos acadados.

lunes, 1 de junio de 2020

COORDINACIÓN IMPOSIBLE

Martín Rodríguez Osende deixanos dúas mostras de coordinación imposible.

Para diante


Agora para atrás