domingo, 31 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS CON ARTE!!!!


Bo día xente do Sofía!  Esta mañá deixámosvos dous vídeos que cando menos vos farán pensar. A xeometría é arte!

Alicatado da Alambra (Granada)

Motivo do alicatado da Alambra (Granada)

viernes, 29 de mayo de 2020

jueves, 28 de mayo de 2020

CIRCUITOS CASEIROS PARA EMPEZAR O DÍA

Bo día a todos e a todas!
Deixámosvos estas propostas dos vosos compañeiros para comezar o día con enerxía  e moita maestría.

Xabier Oxinalde 



Daniel Prieto 


miércoles, 27 de mayo de 2020

SEGUIMOS EN CAMPAÑA!

Bo día! Lede con atención as recomendacións  que nos deixan as vosas compañeiras.
 Desfrútade moito desta nova xornada.

María Camba

Mariem Hantlaoui Azirar




martes, 26 de mayo de 2020

GREGUERÍAS PERDIDAS.

Para empezar este martes
moi elegantes
poñerás uns tirantes 
xunto cos diamantes.

PREME ENRIBA DO ARCO DA VELLA PARA VER O QUE ESCONDE
YAGO GARCÍA REBÓN


lunes, 25 de mayo de 2020

POEMARIO ENTRE FASES

Hoxe é un gran día,
unha nova fase comezamos,
e nós saudámosvos
con moita enerxía.

Preme para ver o libro ao completo
Inés Vázquez Conde


sábado, 23 de mayo de 2020

MES DA CIENCIA

Hoxe comeza o mes da Ciencia no Sofía.
Visitade a páxina de SOCIAS-NATURAIS deste blog e poderes ver os experimentos científicos
que chegan á redacción.
Esperamos que desfrutedes moito con eles e desexámosvos unha boa fin de semana.

viernes, 22 de mayo de 2020

ESTAMOS EN CAMPAÑA ....ANTITABACO!


Esta mañá o noso alumnado preséntanos a súa particular campaña antitabaco. Realizaron un traballo exhaustivo sobre o tema recopilando información moi valiosa. Bo día.
Premendo enriba da imaxe accédese á colección de carteis.
BRAIS MARIÑO

jueves, 21 de mayo de 2020

HOXE TOCA...EXPERIMENTO!


Estamos de sorte, xente do Sofía,
esta mañanciña para comezar o día!
Un experimento con moito fundamento
o voso compañeiro Mussie,
 presenta neste momento!

Mussie González Pérez

miércoles, 20 de mayo de 2020

GREGUERÍAS PARA UN DÍA DE CONFINAMENTO

Neste mércores de maio, queremos saúdarvos un día máis coas vosas greguerías. 

Maio, maio, maio,
maio o mes das Letras, 
maio, maio, maio,
pesca co abecedario.

IRENE PRADA
Esperamos que piquedes o anzó e teñades boa pesca.

martes, 19 de mayo de 2020

PARA REFLEXIONAR


Malala Yousafzay (nació en Pakistán el 12 de julio de 1997)
Es conocida por su activismo a favor de los derechos civiles, especialmente de los derechos de las mujeresRecibió el Premio Nobel de la Paz en 2014 a los 17 años. 
Suya es la frase:

"Parte de la naturaleza humana es que no aprende la importancia de nada hasta que se nos arrebata algo de las manos."



Hoy es otra niña de 12 años quien hace una bonita reflexión sobre ella.
Mariem Hantlaoui Azirar
Os invitamos a meditar sobre el valor de sus palabras que están de plena actualidad.
¡Buenos días!

lunes, 18 de mayo de 2020

RECETARIO CON ARTE


Para empezar con arte
este lunes de mayo
no has de irte a otra parte,
pulsa muy despacio
y luego, has de pararte.

Stella Fontao

¡Buen día a todos y todas!

viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o día das letras galegas está dedicado a Ricardo Carballo Calero. Naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela.
 Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Foi o  primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. 

Preme enriba da imaxe para ver a colección de carteis na súa honra.

ACTIVIDADES INTERACTIVAS.
Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. 







miércoles, 13 de mayo de 2020

INTERPRETANDO A LUGRIS

Lugrís  o amante da mar, 
coa áncora da súa vida 
nas frías augas do Atlántico,
saúdanos esta mañá.

Deixa navegar a túa imaxinación!

Preme enriba para revivir a longa viaxe desta botella.

Stella Fontao

lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

CERTAME LITERARIO "TEXTOS CON ARTE"

Ola, nenos e nenas!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chámasenos a honrar  un ano máis as nosas LETRAS GALEGAS  convocándonos  a participar nunha nova edición do... CERTAME LITERARIO!! Como? Pois facéndoo como mellor se nos dá: escribindo na nosa lingua.

BASES PARA O CERTAME DE "TEXTOS CON ARTE".

1. A actividade consiste en realizar un texto inspirado nalgún cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.

2. O alumnado de Infantil e 1º de Primaria fará 
un debuxo inspirado no cadro que elixa e escribirá unha palabra en galego. 
Este alumnado pode facer un vídeo contando por que elixiu ese cadro e esa palabra.

2. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria elaborará 

un conto ou un poema (máximo 150 palabras) ou un cómic (máximo 3 viñetas) 

inspirado nun cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX
 
Despois de escribilo pódese facer un vídeo contando a historia, recitando a poesía 

ou dramatizando o cómic.

3. Os textos pódense facer a bolígrafo ou a ordenador. Todos os debuxos deberán   

estar coloreados e perfilados con rotulador negro.

4. Os textos mandaranse escaneados, adxuntos ou fotografados ao enderezo electrónico
DINAMIZACIONLINGUAGALEGA@CEIPSOFIACASANOVA.COM


5. Os vídeos pódense mandar ao enderezo BUFOLECTOR@GMAIL.COM

6. Todos os traballos enviaranse con nome, apelidos e curso.

7. O prazo para enviar textos e vídeos remata o venres 15 de maio


FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE !!!


DESDE A COCIÑA !

Hoxe dende os fogóns de Masterchef-Poesía chegan  novos pratos para comezar este día que dá inicio á Semana das Letras Galegas. 

Preme enriba do acróstico para ver a carta ao completo.



Julieta Vázquez Conde
Bo proveito rapaces e rapazas do Sofía!

viernes, 8 de mayo de 2020

SOÑO DUNHA NOITE DE MAIO

PARA DESEXARVOS UN BO DÍA!!!!!! 
 
AS IMAXES FALAN POR SI MESMAS.

MARIEM HANTLAOUI AZIRAR

ANDREA A. RIANDE OSORIO

jueves, 7 de mayo de 2020

COCIÑANDO POESÍA


Hoxe comeza... 

Masterchef - POESÍA!

Os ingredientes que usamos:
  • Acrósticos
  • ¿Quién?, ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?, ¿qué hizo?, ¿con quién?
  • Adxectivo + Sustantivo
  • Caligrama
  • Anáfora ou paralelismo.
  • Repetición


Para saborear  os nosos pratos preme enriba da imaxe.

Bo día e bo proveito xente do Sofía!
    






miércoles, 6 de mayo de 2020

NOITE DE LUAR

Cando a Lúa 
anda de troula
 atópase con Lúa 
e moi xuntas as dúas, 
pola mañá ben cediño 
ao Sofía saúdan !
Lúa Fernández Núñez
Aquí vos deixamos este bonito caligrama.

martes, 5 de mayo de 2020

POESÍA+ GREGUERÍA+ ARTESANÍA= FANTASÍA



Poesía rima con greguería,
greguería  con artesanía
artesanía  con fantasía
e nós desexámosvos bo día.


lunes, 4 de mayo de 2020

GREGUERÍAS CONFINADAS QUE NON CONFITADAS!

Xa estamos aquí outra vez rapaces e rapazas do Sofía!
Canta alegría xunta con tanta greguería!
e unha vez máis dámosvos os BOS DÍAS !!!
para empezar este día co libro das vosas greguerías
que con letras de ouro se presenta este día.