CERTAME LITERARIO "TEXTOS CON ARTE"
Ola, nenos e nenas!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chámasenos a honrar un ano máis as nosas LETRAS GALEGAS convocándonos a participar nunha nova edición do... CERTAME LITERARIO!! Como? Pois facéndoo como mellor se nos dá: escribindo na nosa lingua.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega chámasenos a honrar un ano máis as nosas LETRAS GALEGAS convocándonos a participar nunha nova edición do... CERTAME LITERARIO!! Como? Pois facéndoo como mellor se nos dá: escribindo na nosa lingua.
BASES PARA O CERTAME DE "TEXTOS CON ARTE".
1. A actividade consiste en realizar un texto inspirado nalgún cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.
2. O alumnado de Infantil e 1º de Primaria fará
un debuxo inspirado no cadro que elixa e escribirá unha palabra en galego.
Este alumnado pode facer un vídeo contando por que elixiu ese cadro e esa palabra.
2. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria elaborará
un conto ou un poema (máximo 150 palabras) ou un cómic (máximo 3 viñetas)
inspirado nun cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX
Despois de escribilo pódese facer un vídeo contando a historia, recitando a poesía
ou dramatizando o cómic.
3. Os textos pódense facer a bolígrafo ou a ordenador. Todos os debuxos deberán
estar coloreados e perfilados con rotulador negro.
4. Os textos mandaranse escaneados, adxuntos ou fotografados ao enderezo electrónico
DINAMIZACIONLINGUAGALEGA@CEIPSOFIACASANOVA.COM
5. Os vídeos pódense mandar ao enderezo BUFOLECTOR@GMAIL.COM
6. Todos os traballos enviaranse con nome, apelidos e curso.
7. O prazo para enviar textos e vídeos remata o venres 15 de maio
FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.